CAMPAMENTO TUI 2015
(ver + fotos en face)
NOTA INFORMATIVA:
O vindeiro domingo día 2 de Agosto de 2015 saldrá un grupo de rapaces e rapazas da Parroquia de San Pío X de Mariñamansa – en total 71 – en dirección a Tui para participar no campamento de verán que tódolos anos nos meses de verán organiza a parroquia.
Estarán acompañados por 18 monitores. O campamento será dende o día 2 ata o 9 de Agosto no Albergue dos Maristas en Tui.
A saída para o campamento será o domingo día 2 ás 9.45 horas dende a Rúa Regato, sito no barrio de Mariñamansa moi pretiño da parroquia.
O campamento iniciarase o mesmo domingo día 2 na vila de Ribadavia donde se organizarán unha serie de actividades vencelladas o tema do campamento diste ano que versará sobre “Unha historia medieval”. Despois do xantar os dous buses emprenderán viaxe ata o albergue de Tui onde pasarán ises días de aventura e convivencia.
O domingo día 9 rematarase o campamento coa celebración da Eucaristía e coa comida compartida na carballeira do campamento con pais, familiares,rapaces e monitores….
Dende a parroquia agradecer especialmente os monitores que ano tras ano traballan arreo para fecer posible istes campamentos que xa teñen unha historia de 15 anos ( campamentos que se levan organizando repetidamente baixo a dirección de Cristina Andrés)….
Impagable a súa dedicación e ilusión!!!
|