QUE É AXÓUXERE?
O “Grupo Scout Axóuxere” é un grupo scout
pertencente a Scouts de Galicia – Escutismo Católico Galego,
a través do cal pertence ó Movimiento Scout Católico
de España.
Realizamos a nosa labor dende a Parroquia de Mariñamansa, que
é o noso promotor… e sen marcarnos fronteiras no planeta!
Somos parte do movemento scout mundial, o maior sistema educativo non
formal do mundo. Co noso método pretendemos colaborar na educación
de persoas máis comprometidas en facer deste un mundo un chisco
mellor: dende eles mesmos, ás súas familias, á
súa Igrexa, ó seu barrio, á natureza que nos rodea…
Para elo, facemos diferentes actividades de educación no tempo
libre, a través de diferentes programas orientados en educación
para a vida saúdable, promoción e integración social
para a mocidade, promoción da calidade da vida infantil, formación
e promoción do voluntariado…
Parece interesante, verdade? Pois a realidade ainda o é máis…
10 ANOS!!!
O vindeiro día 2 de Xuño de 2012 o grupo cumplirá
10 anos dende a súa primeira actividade como tal.
E pensamos que é un bó motivo para celebrar.
E para celebralo todos.
Os de dentro do grupo… e os de fóra.
Os de Ourense… e os do resto de Galicia e España.
Os membros actuais do grupo… e os “de sempre”.
Os que forno responsables… e os que foron scouts.
Os que nos coñecen… e os que nos coñecerán
por este motivo.
Para elo pensamos diferentes actividades
que nos gustaría servisen tamén de “homenaxe”
a este 10º aniversario. Non por pensar simplemente no que xa se
fixo. Principalmente por pensar no QUE QUEDA POR REBULIR!
MESA REDONDA SOBRE MOVEMENTO SCOUT
DESCRICIÓN
Unha realidade muldialmente tan coñecida
e de tanta sona merece unha “reflexión experta” e
aberta a toda a cidadanía ourensá que probablemente é
bastante descoñecedora da mesma.
Coa participación de xente de contrastada experiencia no ambeto
scout a nivel galego, español e incluso peninsular, pretendese
facer unha mesa redonda aberta á participación do público.
A exposición doutras realidades existentes e do que o escutismo
supón nos ambetos onde se fai presente será sen dúbida
un dos argumentos a debater.
PARTICIPANTES
Aberta ó público en xeral
e coa participación na mesa de:
• Inés González Pérez, Delegada Xeral de
Scouts de Galicia – Escutismo Católico Galego.
• José Antonio Lago Rouco, consiliario scout e delegado
diocesano da diocese de Tui-Vigo.
• José Manuel Fdez. Taín, exresponsable scout e
pai de scout.
• Responsable do Grupo Scout Axóuxere.
UBICACIÓN
Centro Cívico “A Cuña”
(a carón da Universidade Laboral). Mariñamansa.
DATAS
Xoves, 17 de novembro de 2011
20:00 h.